Quen somos
Emprazada dende 1999 no corazón urbano da cidade de A Coruña, estratexicamente situada entre a Rúa da Torre e o barrio de Monte Alto, a sala Mardi Gras é sinónimo de personalidade propia e bo gusto musical, encarnados nunha programación estable e variada de artistas locais, nacionais e internacionais.
O que comezou como unha humilde proposta, unha aposta a todo ou nada pola música en directo que, lembrando o espírito canalla dos bares lendarios de Nova Orleans, apostaba por ofrecer un ou dous concertos semanais, axiña prendeu nunha cidade entendida e amante da boa música. Na actualidade, Mardi Gras consolidouse como un dos locais de música en directo de referencia en Galicia, unha parada obrigatoria para artistas consagrados e emerxentes que pasan pola nosa comunidade e o primeiro chanzo de calquera grupo galego con proxección a nivel nacional.
Visítanos
Eventos
Para proporcionar as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. Consentir estas tecnoloxías permitirá procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certas funcións e características.