PRESENTAMOS A NOVA RGMV

31 de Xaneiro de 2018

O pasado  martes 30 de xaneiro participamos na presentación da nova Rede Galega de Música ao Vivo, que arrinca a súa nova etapa cun total de 23 salas e unha programación integramente musical que abarcará máis de 140 actuacións de 48 grupos durante o primeiro semestre do ano. Todo iso tras un proceso de renovación no que trabajamos conjuntamente con Músicos ao Vivo e co AGADIC, que levou a introducir unha serie de modificacións que cambiaron a normativa de funcionamento e cos que se buscou profesionalizar o circuíto.

Duplícase o ornamento ata os 185.000 euros anuáis, eva rede pasa a ser exclusivamente musical, mellando as condicións económicas na contratación de artistas, incrementando así o ‘caché’ dos grupos participantes. Así mesmo, auméntase a circulación das agrupacións polas diferentes salas e fíxanse uns baremos de calidade na selección de espazos.

Precisamente, o responsable de Agadic valorou o “espírito de consenso” e o “diálogo positivo” que predominou durante o proceso de debate cos sectores implicados e que culminou nesta nova programación con 23 salas, 145 actuacións, e 48 grupos. O conselleiro do ramo, pola súa banda, destacou que a rede “avanza a unha maior profesionalización” e “unha maior calidade” nas actuacións, nun momento no que Cultura asume o 80 por cento do financiamento desta nova programación cun “aumento notable” no orzamento.

Desde a Asociación Músicos ao Vigo, Iria Pinheiro destacou os “moitos anos de traballo” que leva a Rede e agradeceu a “boa disposición” por parte de Agadic para lograr a “profesionalización” do circuíto, apoiando continuar cun “diálogo fluído” entre todas as partes para mellorar esta iniciativa.

O noso presidente Alberto Grandío, pola súa banda, fixo balance dos 13 anos de traxectoria de Clubtura Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, que chegou a contar con 57 locais asociados que se reduciron a uns 30. Neste sentido, advertiu de que moitos salas “van desaparecendo”, o que evidencia que “algo falla” no sector, lamentando de que estes locais son a “única posibilidade” de acceso a actuacións deste tipo en moitos concellos. Por iso, pediu o apoio da administración e pediu ser considerados “locais artístico-culturais”, para poder optar a axudas de financiamento como asociacións ou de mellora de equipos en diferentes salas, e trasladou o seu desexo de entrar no Consello de Cultura.