O GALEGO ALBERTO GRANDÍO, ELIXIDO NOVO PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN ESTATAL DE SALAS PRIVADAS DE CONCERTOS

11 de Novembro de 2019

O presidente de Clubtura, Asociación de Salas de Música ao Vivo de Galicia, foi elixido novo presidente de ACCES o pasado venres no marco de XV Congreso Estatal de Salas de Concertos celebrado en Castellón.

A Coruña, luns 11 de novembro de 2019.-

Alberto Grandío, presidente de Clubtura e responsable da sala Clavicémbalo de Lugo, é dende o pasado venres novo presidente de ACCES, a Associación Estatal de Salas Privadas de Concertos.

A elección de Grandío produciuse no marco do XV Congreso Estatal de Salas de Concertos, desenvolvido entre o mércores 6 e o venres 8 de novembro en Castellón, dentro da feira profesional Trovam.

Grandío, que conta cunha extensísima traxectoria profesional vencellada ás salas de concertos, e ven ostentando a presidencia de Clubtura dende hai máis de 6 anos, pasa así a capiteanear unha asociación que aglutina a máis de 100 salas de toda España -31 delas, galegas-.

Tras a elección do novo presidente o pasado venres, a nova Xunta Directiva de ACCES queda constituida do seguinte modo:

  • Presidente – Alberto Grandío (Clubtura)
  • Vicepresidente – Luís Óscar García (En Viu)
  • Tesorero – Manuel Jiménez (Independientes)
  • Secretario – Pablo Cano (Aragón en Vivo)
  • Silvia Moreno – Vocal (Creadi)
  • Isaac Vivero – Vocal (Murcia Live!)
  • Mónica Pérez – Vocal (Castilla La Mancha en directo)
  • Óscar Sotelo – Vocal (Castilla y León en Vivo)

Qué é ACCES

A creación de ACCES (Asociación Cultural Coordinadora Estatal de Salas privadas de música en directo) en xullo de 2005, foi a consecuencia do esforzo levado en Cataluña e na Comunidad de Madrid, polas asociacións ASACC (Asociación de Salas de Concertos de Cataluña) e LNEV (A Noite En Vivo) para preservar as salas de música en directo, patrimonio cultural do noso país, e fomentar a música en directo.

Todo iso traduciuse na firme vontade de estender estes obxectivos a nivel nacional. O embrión de ACCES tivo lugar en Madrid a finais do 2004 nun primeiro encontro estatal de salas de música en vivo onde se debateu a problemática do sector e a situación crítica de moitos dos locais. Nese encontro puxéronse en evidencia unha serie de problemas comúns como a falta do recoñecemento por parte das institucións da nosa actividade cultural, a fraxilidade das licenzas #ante o acoso administrativo e a falta de convenios do sector coas entidades de xestión de dereitos fonográficos e de autor.

O encontro permitiu un interesante intercambio de experiencias onde as consolidadas asociacións ASACC (Cataluña) e A Noite En Vivo (Madrid) informaron sobre os progresos logrados en ambas as comunidades grazas á unión asociativa (liñas de axudas á música en vivo, convenios coa SGAE, catálogos de establecementos culturais, proxectos de música en vivo coas administracións locais, etc.) Ao termo do encontro os participantes acordaron por unanimidade poñer os cimentos dunha asociación estatal.

Durante meses traballouse para redactar uns estatutos sólidos que integrasen a asociacións e a salas independentes definindo ben os seus obxectivos. No verán do 2005 por fin constituíuse ACCES (Asociación Cultural Coordinadora Estatal de Salas privadas de música en directo). En setembro 2005 presentouse oficialmente no Mercat de Musica Viva de Vic. Desde entón definiuse unha estrutura de xestión e unha planificación de obxectivos e iniciáronse contactos coa administración do Ministerio de Cultura, autoridades autonómicas e municipais, así como coas entidades SGAE, Fundación Autor, AIE e AGEDI.