O CICLO CLUBE ESTRELLA GALICIA CELEBRA UNHA VEINTENA DE CONCERTOS EN ABRIL

3 de Abril de 2018

Jazz Filloa, Mardi Gras, Garufa Club (A Coruña), Auriense (Ourense), O Con do Moucho (A Illa de Arousa) Arca de Noe (Vilar de Santos), Momo, Sala Moon (Santiago) y Contrabajo de Vigo son os locais que este mes desfrutarán do ciclo patrocinado por Estrella Galicia

A Coruña, martes, 03 de abril de 2018.-

Nunha aposta clara para dar a coñecer a calidade e a creatividade da escena musical galega, o circuíto de Estrella Galicia ClubE levará a unha vintena de bandas da comunidade a dez salas socias de Clubtura ao longo deste mes de abril.

O Jazz Filloa, da Coruña, abrirá a programación mañá coa actuación de Paraphernalia e Iago Mourinho. Na mesma cidade, a Mardi Gras será o escenario o sábado 7 da actuación do Sonoro Maxín e Esposa e o día 12, ClubE chega ao Garufa Club con Sinestesia e Big Lis Gumbo Band.

En Ourense, a sala Auriense acollerá o concerto de MCarballo e Mino y Los Imposibles o próximo 7 de abril; no Arca de Noe, na localidade ourensá de Vilar de Santos, o 15 de abril estarán Talabarte e Andoa Folk. Na Illa de Arousa, poderán desfrutar o día 14 de Zenzar e M.J. Pérez na sala O Con do Moucho.

O circuíto de Estrella Galicia continuará en Santiago de Compostela, o día 19 na sala Momo con Cora Sayers e Mielitza e o día 17 de abril, na Sala Moon actuarán Mad Martin Trio e Los Pontiaks.

A Bianco Sama de Vilagarcía de Arousa terá unha actuación o día 20 con Plan Siberia e Daidermin e o día 26 de abril, ao escenario da sala viguesa Contrabajo subiranse Zamaramandi e Mr. Mou&Mighty Rockers.

Unha das características máis importantes deste ciclo é que da a oportunidade de coñecer a nova creación que se está a vivir en Galicia. Cana noite de ClubE participan dous bandas e sempre, polo menos unha delas, habitualmente pouco coñecida, actúa fóra da súa comarca.

 

AXENDA

A Coruña

  • Jazz Filloa (A Coruña)
    • 04-04-18
    • Paraphernalia / Iago Mouriño
  • Mardi Gras (A Coruña)
    • 07-04-18
    • Sonoro Maxín / Esposa

Garufa Club (A Coruña)

  • 12-04-18
  • Sinestesia / Big Lis Gumbo Band

 

Momo (Santiago de Compostela)

  • 19-04-18
  • Cora Sayers /Mielitza

 

Sala Moon (Santiago de Compostela)

  • 27-04-18 (Santiago de Compostela)
  • Mad Martin Trio / Los Pontiaks

 

Ourense

Auriense (Ourense)

  • 07-04-18
  • MCarballo / Mino y Los Imposibles

 

Arca de Noe (Vilar de Santos)

  • 15-04-18
  • Talabarte / Andoa Folk

 

 

Pontevedra

O Con do Moucho (A Illa de Arousa)

  • 14-04-18
  • Zenzar / M.J. Pérez

 

Bianco Sama (Vilagarcía)

  • 20-04-18
  • Plan Siberia / Diadermin

 

Contrabajo (Vigo)

  • 26-04-18
  • Zamaramandi / Mr. Mou & Mighty Rockers