II SEMANA DA MÚSICA

29 de Maio de 2017

MÚSICA O PRÓXIMO XUÑO COA II SEMANA DA MÚSICA

Organizadores e colaboradores veñen de presentar esta mañá a segunda edición dunha convocatoria que ofrecerá aos profesionais do sector da música un entorno de debate e aprendizaxe, e á cidadanía unha amplia oferta cultural e de ocio entre o 12 e o 18 de xuño

A Coruña, 12 de maio de 2017.-

O ano pasado centenares de programadores, produtores, promotores, managers e músicos –entre outros moitos profesionais- converteron A Coruña na capital da música durante toda unha semana no transcurso da I Semana da Música, unha iniciativa conxunta de ACCES (Asociación Estatal de Salas de Concertos) e Clubtura (Asociación Galega de Salas de Concertos) que buscaba crear un entorno de debate e traballo para os profesionais do sector e, ao mesmo tempo, implicar á cidadanía no proxecto cun amplo programa de actividades.

E como as boas experiencias tenden a repetirse, o próximo mes de xuño ambas asociacións repetirán de novo a experiencia, e A Coruña volverá a acoller entre o 12 e o 18 de xuño a II Semana da Música, unha cita que volve a contar co apoio de entidades públicas como o Concello da Coruña, a través da Concellería e Culturas ou a Xunta de Galicia, representada polo AGADIC, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, entidades de xestión como a AIE e Fundación SGAE e empresas da talla de Estrella Galicia ou Ticketea.

A Coruña, capital do ritmo

Os representantes dalgunhas destas entidades déronse cita na mañá de hoxe, venres, no escenario do emblemático Jazz Filloa para presentar o programa base desta II Semana da Música, cuxos detalles completos se darán a coñecer nos próximos días, e que pivotará sobre tres puntos fundamentais:

En primeiro lugar, e como non podía ser doutro modo, a música en directo. A organización e os colaboradores e patrocinadores quixeron apostar sen ambaxes por encherá de ritmo A Coruña con cinco concertos, un en cada unha das salas coruñesas asociadas:

  • Joana Serrat coorganizado con AiEnRuta o mércores 14 no Baba Bar
  • Abe Rábade coorganizado coa Fundación SGAE o mércores 14 no Jazz Filloa
  • Pablo Und Destruktion coorganizado con AiEnRuta o xoves 15 no Mardi Gras
  • Toundra + The Tyrell Corporation coorganizado con Son Estrella Galicia, o venres 16 no Playa club
  • Nathan Fake coorganizado con Son Estrella Galicia o sábado 17 no Garufa club

Cinco citas imprescindibles, algunhas delas –como o concerto SON Estrella Galicia de Toundra- única na cidade, que serán o eixo central da oferta cultural que a II Semana da música ofreza á cidade, pero non a única proposta.

Aos concertos en directo sumaranse opcións de ocio e cultura para todos os gustos baseados en outras disciplinas artísticas moi vinculadas á música, como a fotografía, cunha exposición de fotógrafos locais, unha conferencia sobre o arte do videoclip ou a presentación do libro “La cara oculta de la luna: las 50 portadas esenciales del rock”, de Xavier Valiño.

Unha cita profesional con dous eventos fundamentais

A II Semana da Música servirá de espazo de encontro, debate e traballo para os profesionais dun sector que é extremadamente activo en toda Europa, como poderá comprobarse coa presentación dos datos cuantitativos do sector das salas de concertos europeas e nacionais coa publicación dos últimos datos recabados, e unha mesa redonda na que se debaterá sobre a importancia e o significado destes datos no sector.

Os talleres, charlas e debates profesionais sumaranse á celebración do XIII Congreso Estatal de Salas de Concertos, que terá tamén lugar no contexto desta II Semana da Música, e do que saíra elixida unha nova directiva de ACCES