FELIZ DÍA DA MÚSICA

21 de Xuño de 2017

HOXE É O DÍA DA MÚSICA.

Da que soaba cando dichas aquel primeiro bico; da que te acompaña de camiño ao traballo cada día; da que bailaches xunto a aquela persoa que tanto che gusta; da que cantabas de neno xunto aos teus país, e da que lle cantas agora aos teus fillos; da que serviu para seca-las túas bágoas e para rir a gargalladas xunto aos amigos; da que fai que limpar a casa sexa algo incluso divertido; da que pos a todo volume no coche; da que cantas na ducha (si, sabemos que o fas… todos o facemos); da que escoitas nesa sala pequerrecha do teu concello onde descubristes aquela banda tan alucinante e da que persegues nos festivais ao longo de toda Galicia.

Hoxe é o día da música… da túa vida.

FELIZ DÍA DA MÚSICA A TODOS. Celebrámolo?