Os representantes da asociación de salas de música falarán sobre os retos que presenta o marco lexislativo galego e as últimas decisións tomadas polos socios
Compartirán coloquio con Agem a partir das 13.00 horas na Domus
———————————————————
Recentemente, a entidade decidiu que permitiría a entrada a menores de idade acompañados por un adulto porque o acceso á cultura está recollido na Declaración Universal de Dereitos Humanos e na Constitución. A pesares disto, a normativa galega é difusa e profusa, polo que a asociación que aglutina gran parte das salas de concertos da comunidade, co apoio de Músicas ao Vivos tomou esta determinación.
Clubtura compartirá espazo coa asociación Agem (Asociación Galega de Empresas Musicais) no relatorio “Nova lei de espectáculos e proxectos”


