O Festival Noroeste Estrella Galicia 2017 contará cunha importante novidade este ano: aos máis de 10 escenarios urbáns repartidos por toda a cidade da Coruña uniranse nesta edición 24 espazos vencellados á música que acollerán entre o martes 8 e o sábado 12 de agosto diversos espectáculos con Djs locais, galegos, nacionais e internacionais.
Esta nova proposta, englobada dentro do propio festival baixo o epígrafe NOROESTE+, encherá A Coruña de ritmo até a madrugada e ben de ser coordinada por Clubtura, cuxas cinco salas coruñesas capitanean o proxecto no que participan outros 19 locais, todos eles “amigos e colaboradores da música en directo”.

A presentación do cartel do Festival Noroeste Estrella Galicia 2017, gratuito e público, tivo lugar o pasado luns 12 de xuño no marco da II Semana da Música, e contou coa presenza de Alberto Grandío, Presidente de Clubtura, e Pepe “Doré”, Vicepresidente da entidade. Na rolda de prensa participaron tamén as cinco salas coruñesas (Bababar, Mardi Gras, Jazz Filloa, Garufa Club e Playa Club), e algúns dos outros locais implicados no proxecto.
Podes coñecer toda a proposta na seguinte ligazón:
http://festivalnoroeste.com


