O proxecto, que inaugura neste 2024 a súa séptima edición, busca encher as salas independetes galegas de música creada e interpretada por artistas galegos.
Nesta nova edición participarán 26 salas das catro provincias, cun total de 60 actuacións de bandas de todas Galicia.
Nos máis de seis anos de andadura o proxecto Clube Estrella Galicia programou máis de 360 bolos de artistas galegos.
A Coruña, mércores 6 de marzo de 2024.-
A Asociación de Salas de Música en Directo, Clubtura, e Estrella Galicia veñen de presentar a séptima edición do ciclo Clube Estrella Galicia, unha iniciativa do colectivo profesional de salas galegas que conta co patrocinio exclusivo de Estrella Galicia e que busca insuflar vida na escena musical galega cunha programación estable de artistas galegos.
Esta nova edición, que contará con 26 salas participantes, que, dende o vindeiro 7 de marzo e ata final de ano, programarán un total de 60 bolos, repartidos en 30 datas.
Os artistas galegos atopan así un apoio incondicional á súa labor, cun ciclo que permite ao gran público achegarse aos seus proxectos e coñecer as súas propostas, e as salas contan coa colaboración de Estrella Galicia para garantir a aposta por unha programación comprometida co talento galego e a dinamización real da cultura musical na comunidade.
Un ciclo comprometido e exitoso
O ciclo Clube Estrella Galicia, que conta xa con seis edicións previas, leva anos demostrando a enorme calidade dos proxectos musicais galegos, con máis de 360 bolos que abarcan dende bandas emerxentes, como Bad Whisky ou Strikeback, ata artistas xa consolidados, como Bala ou The Lakazans.
Esta séptima edición dará comezo o vindeiro 7 de marzo, e conta xa con
- 7 de marzo
- 21:00 horas
- Sala Casa das Crechas, Santiago de Compostela
- Martín Esturao Swing Trio & Bea Mazaira Trio
- 8 de marzo
- 22:30 horas
- Sala Gatos, Melide
- Loita Amada & Ámbalas
- 30 de marzo
- La Disfrutona, A Coruña
- Leria & Dreea
- 19 de abril
- Sala A Fundación, Melide
- ITH & Cuarta Xusta
- 30 de abril
- Arca da Noe, Vilar de Santos
- Sonoro Maxín & Tian Gz
- 30 de abril
- Sala Mardigras, A Coruña
- Pava & Anxo Araujo
- 18 de maio
- La Pecera, Vigo
- Greasy Belly & Blues do País
Nas vindeiras semanas anunciaranse novas data, ate completar o total de 30 datas, con 60 bandas previstas, entre as 24 salas participantes:
- A Fundación (Melide)
- Arca da Noe (Vilar de Santos)
- Aturuxo (Bueu)
- Auriense (Ourense)
- A Ventana (Laxe)
- Borriquita de Belem (Santiago de Compostela)
- Café Tetro Bajo 5 (O Barco de Valdeorras)
- Cantina Centro Goianés (Goián)
- Casa Crechas (Santiago de Compostela)
- Clavicémbalo (Lugo)
- Contrabajo (Vigo)
- Disfrutona del Orzán (A Coruña)
- El Náutico (San Vicente do Mar)
- Filomatic (A Coruña)
- Garufa Club (A Coruña)
- Jagger (Lugo)
- Jazz Filloa (A Coruña)
- Krazzy Kray (Cambados)
- La Pecera (Vigo)
- Lanzós (Betanzos)
- Moon Music Club (Santiago de Compostela)
- Pub Gatos (Melide)
- Roi Xordo (Allariz)
- Sala Mardi Gras
- Sala Ruido (Ferrol)
- Sonar (Santiago de Compostela)
A programación, que contempla dende música rock a cantautores, dende folk a metal, dende pop a rap, baséase nunha premisa clara: atraer ao público e promover o talento galego. Por iso todas as datas contan cun programa doble, protagonizado por unha banda da contorna, recoñecida xa polo público habitual, e outra residente un área diferente. Deste xeito promóvose o intercambio de experiencias e xenérase un circuito real, que garantice a mobilidade das propostas culturáis e enriquezca á programación das salas galegas.


