NACE CLUB-e, O NOVO CIRCUITO DE MÚSICA EN GALICIA

2 de Novembro de 2016

Club-e Estrella Galicia percorrerá 17 localidades impulsando o talento de bandas galegas consolidades e emerxectnes e dando forma así a unha plataforma musical cunha programación variada e estable ao longo dos vindeiros meses

A Coruña, 1 de novembro de 2016.-

Con Galicia como escenario privilexiado e o talento dos seus artistas como bandeira, Club-e Estrella Galicia foi presentado hoxe ao gran público.

Este novo circuito musical, organizado entre Estrella Galicia e a Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo CLUBTURA, pretende servir de plataforma de lanzamento para que as bandas galegas e as salas da comunidade xeneren un sistema propio de traballo que permita, por un lado, aumentar a visibilidade das bandas emerxentes fora das súas cidades de nacemento, e por outro, mellorar as condicións de programación das salas galegas, especialmente daquelas situadas en localidades pequenas ou deficientemente comunicadas.

O proxecto, que comeza a súa andadura este mes de novembro e prolongarase no seu primeiro ano de vida até abril de 2017, foi presentado esta mañá por Victor Mantiñá, Responsable de SON Estrella Galicia, e Alberto Grandío, Presidente de CLUBTURA, nun acto que contou coa presenza do grupo galego Blue Nomad.

Tal e como explicaba Alberto Grandío, Presidente de Clubtura, o proxecto “nace da necesidade de dotar a Galicia de un verdadeiro circuito, que permita ás salas programar novas bandas e ás bandas poder darse a coñecer a novos públicos garantindo sempre unha profesionalidade, algo polo que en CLUBTURA levamos anos apostando”.

Víctor Mantiñán, responsable de SON Estrella Galicia, afondaba na súa intervención o vencellamento de Estrella Galicia coa música, “levamos anos apostando pola música en directo de calidade, e como sempre digo, o 50% do nome de Estrella Galicia é Galicia, así que por en marcha este ciclo centrado en bandas e salas galegas está no noso ADN”. Segundo explicou Mantiñán, o proxecto nace coa clara vocación de continuidade e con idea de encher a programación da calidade as salas galegas.

Pola súa parte Marian Ledesma, voz de Blue Nomads, a banda que puxo o son á presentación, destacaba a importancia deste ciclo como base para a creación dun verdadeiro circuíto de bandas e salas galegas “porque esta profesiób é unha auténtica vocación con moito sacrificio, e apoios así son sempre fundamentáis”.

Club-e Estrella Galicia programará nesta primeira edición un total de 27 citas, cada unha delas protagonizada por dúas bandas: unha banda emerxente e outra banda que conte cun público xa afianzada na localidade onde se celebre o concerto, que exercerá de “padriño” da primeira.

Os concertos empezarán a programarse dende principios de decembro, aínda que xa se poden adiantar os nomes dos protagonistas da primeira data confirmada: será na sala Super8 de Ferrol e correrá a cargo de Cro! E Trilitrate o vindeiro 20 de xaneiro. O programación completa do ciclo poderá coñecerse a través da súa páxina de facebook, do seu twitter e do hashtag #EGClube