CLUBTURA E ESTRELLA GALICIA ENCHERÁN DE MÚSICA “MADE IN GALICIA” AS SALAS GALEGAS COA OITAVA EDICIÓN DE CLUBE

17 de Marzo de 2025

O proxecto, que inaugura neste 2025 á súa oitava edición, busca encher as salas indepiendetes galegas de música creada e interpretada por artistas galegos

O ciclo Clube celebra a súa oitava edición con máis de 20 salas e unha programación de luxo

A Coruña, xoves 13 de marzo de 2025.-

A Asociación Galega de Salas de Concertos (Clubtura) e Estrella Galicia presentaron este xoves 13 de marzo, na cervexaría Estrella Galicia de Catro Camiños (A Coruña), a oitava edición do Ciclo Clube, un consolidado ciclo de concertos promove a música en vivo e o talento galego en salas independentes de toda Galicia.

Nun acto con música en directo -como non podía ser doutro xeito- a cargo da artista Candela, responsables de Clubtura e de Estrella Galicia presentaron a programación xa confirmada para este ano, que inclúe máis de 40 concertos en 20 salas de toda Galicia.

Oito anoss impulsando a música en directo en Galicia

Desde o seu inicio, o Ciclo Clube celebrou xa sete edicións cun total de 420 concertos en máis de 30 salas das catro provincias galegas, alcanzando unha asistencia acumulada próxima a 17.000 persoas. Na súa oitava edición, o ciclo mantén o seu compromiso coa música en vivo e amplía a súa rede de salas participantes, tal e como explicaba Marcos Vázquez, presidente de Clubtura.

“Clubtura leva case 20 anos traballando polo recoñecemento e profesionalización das salas de concertos galegas, e proxectos como Clube reafírmannos no noso compromiso: as salas independentes de pequeno e mediano formato son o espazo no que as novas propostas musicais nacen e crecen, e ciclos como Clube Estrella Galicia permiten que o talento musical galego creza e se desenvolva, e que as salas de concertos programemos con mellores condicóns e apoio”.

Nesta edición de 2025, as siguientes salas formarán parte do ciclo:

  • A Ventana (Laxe)
  • Arca da Noe (Vilar de Santos)
  • Aturuxo (Bueu)
  • Auriense (Ourense)
  • Borriquita de Belém (Compostela)
  • Casa das Crechas (Compostela)
  • Clavicémbalo (Lugo)
  • Contrabajo (Vigo)
  • Garufa (A Coruña)
  • Krazzy Kray (Cambados)
  • La Disfrutona (A Coruña)
  • La Fundación (Melide)
  • La Pecera (Vigo)
  • Lanzós (Betanzos) – No socia
  • Mardi Gras (A Coruña)
  • Moon Music Club (Compostela)
  • Pub Gatos (Melide)
  • Roi Xordo (Allariz)
  • La Conservera (Viveiro) 
  • Modus Vivendi (Compostela) 

Desde Estrella Galicia quixeron destacar a decidida aposta da marca pola música en directo, un dos selos distintivos da cervexeira, e o seu compromiso co talento musical galego e coas salas independentes que conseguen manter vivo o ecosistema cultural musical en Galicia.

Cecilia Babarro, responsable de comunicación externa de Hijos de Rivera, quixo deixar claro o compromiso da cervexeira co talento musical galego, “Clube Estrella Galicia encaixa perfectamente na nosa filosofía de apoio ao talento cultural galego, tanto no ámbito musical como no empresarial que representan as salas de música en vivo. Estrella Galicia estará un ano máis á beira deste proxecto que pon en valor a música feita aquí e interpretada en salas independentes por toda a xeografía galega”.

Concertos xa confirmados no 2025

O VIII Ciclo Clube arrancará el 13 de marzo cun concerto en Casa das Crechas (Compostela) a cargo de Juan Cañada Manouche Trio y Alberto Penoucos Django Project. A programación xa confirmada include os siguientes concertos:

  • 14 de marzo – Arca da Noe (Vilar de Santos): Silvia Penide – “Fagamos Ruido. Saquemos a alma a bailar”
  • 21 de marzo – La Disfrutona (A Coruña): El Corta – Law
  • 28 de marzo – La Fundación (Melide): A Catuxa – Sofía Espiñeira
  • 11 de abril – Pub Gatos (Melide): Ruxe Ruxe – Salenta
  • 19 de abril – Clavicémbalo (Lugo): Wealman – Planète Sauvage
  • 10 de maio – Mardi Gras (A Coruña): Villains – Muñeco Batea
  • 31 de maio – La Pecera (Vigo): Stormy Trucks – Antonio Tato

Un programa que se irá ampliando ao longo do ano ata completar os máis de 40 directos, sempre coa mesma fórmula: unha sala galega independente, unha banda da contorna local e unha banda convidada.

Con esta nova edición, o Ciclo Clube segue consolidándose como unha referencia na música en vivo de Galicia, apoiando o talento emerxente e promovendo a actividade en salas de concertos independentes.