CLUBTURA E ESTRELLA GALICIA COLABORAN POR TERCEIRO ANO CONSECUTIVO PARA LEVAR A MÚSICA ÁS SALAS DE TODA GALICIA CO CICLO CLUBE

29 de Outubro de 2018

Desde outubro de 2018 e ata maio de 2019 están previstos que haxa máis de sesenta directos repartidos en trinta concertos

Fiel ao seu espírito, cada actuación contará cunha banda principal e outra emerxente que actuará fóra da súa bisbarra

———————————————————————–

Clubtura e Estrella Galicia afianzan a súa colaboración cun terceiro ciclo Clube. Un ano máis, grazas a esta iniciativa, salas de toda Galicia programarán ata sesenta directos, repartidos en trinta concertos que se desenvolverán entre outubro deste ano e maio de 2019.

Cunha clara intención de fomentar a música galega en directo e unha aposta pola creatividade dos artistas que compoñen as súas propias pezas, Clube quere dar unha oportunidade as bandas emerxentes, para que o público das catro provincias poidan desfrutar do seu talento.

Deste xeito, cada un dos concertos programados contará cunha banda principal e unha segunda menos coñecida ou cunha traxectoria máis curta que actuará fóra da súa bisbarra co obxectivo de darlle a oportunidade de chegar a novos públicos.

Esta terceira edición deu comezo o pasado 12 de outubro na sala Baranda, do  Barco de Valdeorras (Ourense) coa actuación de Big Crunch e REverand Goat. Antes de que remate o ano, o 22 de decembro, a música de Clube regresará á provincia coa actuación como banda principal de The Phanton Dragsters na sala Auriense de Ourense.

No caso da Coruña, durante o primeiro trimestre do ciclo, haberá seis actuacións que inaugurou o pasado  12 de outubro a sala A Ventana de Laxe con Boyanca Kostova e Pálida. En Ferrol, a sala Super 8 acollerá o directo de Cro! E Diola o próximo 10 de novembro.

En decembro será o turno do Garufa Club coa actuación de Vudú e Grüvzilla como banda emerxente. O 30 de novembro, Clube chega a Baba Bar coa actuación dos Árboles e unha segunda banda poro confirmar. Ao escenario da santiaguesa sala Moon subiranse Golpe Radikal e Strikeback en xaneiro do próximo ano.

Vigo e Bueu protagonizarán os concertos de Clube na provincia de Pontevedra durante estes primeiros meses. Na sala Contrabajo está programado o directo de Elephants Yard  e Mighty Rockers o 18 de outubro, mentres que o 30 de novembro, Sinestesia e Espiño actuarán na Pecera. En Bueu, a sala Aturuxo contará co directo de Transilvanians e life On REggae Planet Soundsystem o 16 de decembro

En Lugo, o epicentro de Clube será a sala Clavicémbalo, onde actuarán Pablo San Mamed Trío e The Old Proyect o 31 de outubro.

O prezo das entradas varían, pero case nunca superan os 10 euros.