Máis de 20 salas repartidas por toda Galicia acollerán os concertos, que contarán cun total de 60 bandas galegas entre abril e decembro de 2023.
Laxe será o esceario do primeiro concerto con Nastasia Zürcher e Belém Tajes coma protagonistas o mércores 5 de abril.
A Coruña, martes 4 de abril de 2023.-
A música feita en Galicia será a protagonista un ano máis do ciclo que organiza Clubtura, a Asociación Galega de Salas Privadas de Música ao Vivo, co patrocinio exclusivo de Estrella Galicia.
Entre abril e decembro serán sesenta as actuacións do ciclo que se celebrarán en máis de vinte salas das catro provincias galegas. As propostas musicais chegarán as principais vilas galegas, mais tamén a localidades coma O Barco de Valdeorras, Melide, Betanzos, Cambados, O Grove…
A vila costeira de Laxe será a que disfrute este mércores 5 de abril da apertura do ciclo coas actuacións de duas artistas cheas de talento: Nastasia Zürcher e Belém Tajes estarán no Pub La Ventana de Laxe ás 23:30 horas.
No mes de abril o ciclo pasará tamén pola Sala Rebullón de Mos con Sonoro Maxín e ITH o día 22. O mesmo día que estarán Bala e Mascada na Sala Krazzy Kray de Cambados. Para finalizar as actuacións de abril, ímonos ata Santiago de Compostela. Na mítica Casa das Crechas disfrutaremos da música de David Regueiro Trío e Ismael Cabaleiro Trío.
A variedade estilísticas das propostas deste primeiro mes do ciclo é unha boa mostra de toda a música que se está a crear na nosa terra.
Nas redes sociais do ciclo, Instagram, Facebook e Twitter pódese seguir toda a programación. As salas seguen vivas ainda que semella que moi agochada mediáticamente entre tantas propostas multitudinarias que se presentan case a diario.


