O día 22 de decembro actuarán na mítica sala Nacho Pérez Cuarteto e Otero&Romero
Pontevedra, mércores, 18 de decembro de 2019.-
A Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, Clubtura e Estrella Galicia continúan coa cuarta edición do Ciclo Cuble Estrela Galicia. Nesta ocasión, a programación chega en sesión vermú ao Náutico de San Vicente. A mítica sala contará o próximo domingo, 22 de decembro con Nacho Pérez Cuarteto, eOtero&Romero.
O pianista Nacho Pérez ten elixido O Náutico para ofrecer o seu primeiro concerto deste novo proxecto musical. A banda tocará varios dos temas nos que está a traballar para o disco que gravará no 2020.
Por outra banda, Otero&Romero chegan co seu disco “Enxebre”, 100% made in O Grove: produción, gravación, arranxos musicais, fotografía, caricaturas e deseño. Trátase dunha homenaxe á música tradicional galega, a esas cancións populares que cantaban os noso avós, pero fusionadas con outros estilos.
Clube Estrella Galicia é unha clara aposta polo talento musical galego, posto que só actúan formacións con temas propios. O ciclo supón, ademais, un importante respaldo de Estrella Galicia –patrocinador exclusivo- ás salas de concertos das catro provincias galegas. Os directos deste domingo forman parte das 60 actuacións que se desenvolverán ata maio de 2020


