A sala viguesa El Contrabajo acollerá o 21 de decembro os directos de Balea’ s e The Broke
Vigo, 12 de decembro de 2019.-
Clube Estrella Galicia despide 2019 na sala viguesa El Contrabajo, o próximo 21 de decembro cunha sesión de blues e rock. Fiel ao seu espírito, o circuíto impulsado pola Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, Clubura, e Estrella Galicia, combinarán a actuación dunha banda de coñecida traxectoria como é Balea’ s, que xa conta co favor do público e a crítica, con outras propostas emerxentes, como The Broke.
O grupo cangués de blues Balea’ s comezou fai xa once anos. O seu fío condutor é o blues, funk, soul e rock no que mesturan os grandes clásicos de músicos como Eric Clapton, Scott Henderson ou Leonard Cohen, con orixinais arranxos de estándar do jazz e temas propios. Este quinteto atrévese con todo e destacan pola súa calidade musical sobre o escenario.
Yavhe Álvarez (batería), Óscar Rosales (guitarra) e Guillermo Santome (voz e guitarra) comezaron en 2014 a dar forma a The Broke e a principios de 2015 uniuse José Sánchez (baixo). Con esta formación comezan a traballar neste novo proxecto cargado de emocións e rock, sobre todo moito rock. En 2016, lanzaron a súa primeira maqueta e dous anos despois gravan en formato videoclip en directo co que conseguiron gañar o Concurso de Bandas do Castelo Rock 2019, que os inclúe no seu cartel o pasado verán. Agora, están a piques de publicar o seu primeiro LP: “The Monster”.
Clube Estrella Galicia é unha clara aposta polo talento musical galego, debido a que só actúan formacións con temas propios. O ciclo supón, ademais, un importante respaldo de Estrella Galicia –patrocinador exclusivo- ás salas de concertos das catro provincias galegas. Estes dous directos, os últimos antes do descanso do Nadal, forman parte das 60 actuacións que se desenvolverán ata maio de 2020.
AXENDA
- Que: Clube Estrella Galicia. Balea’s + The Broke
- Onde: El Contrabajo. Vigo
- Cando: 21 de diciembre, 21.00 horas


