A asociación
A nosa misión
Apoiar e fortalecer as salas de música en directo en Galicia
Somos a Asociación de Salas e Locais en Directo de Galicia. Queremos poñer de manifesto a importancia e o papel da música dentro da cultura e, por iso, creamos esta asociación, para poder coordinar diferentes accións con todas as salas asociadas.
A regularización do sector é algo necesario, polo que centramos moitos dos nosos esforzos en facilitar os procesos burocráticos que deben levar a cabo todas as salas e tamén lles ofrecemos asesoramento profesional.
Tamén traballamos para que todas as salas teñan unha programación sólida que permita aos grupos ter concertos de forma regular e en varias salas pertencentes ao proxecto.
Na actualidade contamos con máis de 30 salas asociadas, ás que lles damos difusión e axudamos na súa comunicación a través de diversos canais, para dar visibilidade aos locais ao gran público
Xunta directiva
O equipo que impulsa a música en Galicia
A Xunta Directiva de Clubtura está formada por profesionais comprometidos coa defensa e o desenvolvemento das salas de música en directo en Galicia. Este equipo traballa día a día para fortalecer o sector, representar aos nosos asociados e asegurar que a música en directo teña un papel destacado na nosa cultura.
Presidencia
MARCOS VÁZQUEZ SILVA
FÁBRICA DE CHOCOLATE – VIGO
Vicepresidencia
TOMÁS LEGIDO SÁNCHEZ
MARDIGRÁS – A CORUÑA
Secretaría
EDUARDO MEIJUEIRO RODRÍGUEZ
LA PECERA – VIGO
Tesourería
FERNANDO CASAL NEIRA
GATOS – MELIDE
Vogai 1
Ánxela González Porto
Borriquita de Belem – Santiago de Compostela
Vogai 2
Davide Paz Garza
Auriense – Ourense
Vogai 3
Sabela Regueira Varela
Guión – Pontedeume
Vogai 4
Celestino Freijo Andión
Jagger – Lugo
Vogai 5
Gustavo Rey
Krazzy Kray – Cambados
Coñece
Salas
Explora as salas de concertos asociadas que forman parte de Clubtura e manteñen viva a música en directo en Galicia.
Normativa
Estatutos
Consulta os nosos estatutos e descobre os principios e obxectivos que rexen a nosa asociación e guían as nosas accións.