AS TRES SALAS FINALISTAS DOS PREMIOS MARTÍN CÓDAX SON MEMBROS DA ASOCIACIÓN  CLUBTURA

16 de Abril de 2020

 A Fábrica de Chocolate (Vigo), O Náutico (San Vicente) e Sala  Mardi  Gras (A Coruña) competirán por alzarse co galardón   Organistrum á Mellor Sala de Concertos de Galicia.

As tres salgas son membros da Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, que conta con máis de 15 anos de traballo, e aglutina á maior parte das salas de concertos de Galicia.

————————————

A Coruña, xoves 16 de abril de 2020.-

A Asociación Músicas ao Vivo fixo pública a lista dos finalistas da 7ª edición dos Premios Martín Códax da Música, que contemplan unha categoría específica para as salas de concertos: o Premio  Organistrum á Mellor Sala de Concertos de Galicia.

De novo, como xa sucedeu en 2018 e 2019, as tres salgas finalistas resultan ser membros da Asociación Galega de Salas de Concertos de Galicia,   CLUBTURA, cuxa directiva mostraba o seu orgullo polo recoñecemento que supón que os espazos nomeados pertenzan a un colectivo “que leva máis de 15 anos traballando por mellorar as condición de traballo dun sector que é fundamental na tarefa de manter viva a música en directo en Galicia, e por profesionalizar o campo das salas de concertos”, apunta o seu presidente, Alberto Grandío, presidente simultáneo de  Clubtura e tamén de  ACCES, a asociación estatal de salas de concertos.

As salas finalistas, grandes expoñentes do sector

As tres salgas finalistas son, ademais de membros da asociación  Clubtura, tres das salas máis representativas do sector da música en directo en Galicia, e referentes nacionais dentro do ámbito das salas de concertos.

A Sala  Mardi  Gras (A Coruña), leva 20 anos traballando a mellor música en directo. O que empezou como unha humilde proposta, unha aposta a todo ou nada pola música en vivo que, rememorando o espírito  canallesco dos   garitos lendarios de New     Orleans, apostaba por ofrecer un ou dous concertos semanais, pronto callou nunha cidade entendida e amante da boa música. Na actualidade  Mardi   Gras consolidouse como un dos locais de música en directo de referencia en Galicia, parada obrigada de artistas consagrados e emerxentes de paso pola nosa comunidade e primeiro chanzo de calquera grupo galego cun mínimo de proxección nacional.

A Fábrica de Chocolate (Vigo) é, desde 2005, unha sala imprescindible nas noites viguesas. Neste club programamos máis de 150 concertos ao ano, que o converten nun auténtico faro para a música da cidade. A través desta constante oferta musical, consolidouse como un punto de encontro para os vigueses, que puideron gozar de nomes consagrados da escena nacional e internacional como Jay Jay Johanson,  Micah  P.  Hinson,  Russian Rede,  Marky  Ramone ou Os Coroas entre moitos outros. Con todo, o escenario da Fábrica está tamén ao dispor de artistas emerxentes, que a miúdo teñen alí a súa primeira oportunidade para mostrarse en directo, así como bandas independentes, nacionais e internacionais, que presentan os seus traballos en circuítos de pequeno aforo.

O Náutico (San Vicente  do Mar) leva 25 anos enchendo de ritmo e ambiente as noites de San Vicente, e converteuse en todo un referente xa non só nacional, senón mesmo internacional, grazas a un enclave privilexiado e unha programación maratoniana, que  aúna bandas emerxentes con enormes figuras incontestables, e que levou a esta emblemática sala a converterse nun refuxio para os músicos, tal e como reza o título do documental que  Atresmedia lle  decidó o pasado ano.

Entre o 20 de abril e o 3 de maio realizarase a segunda rolda de votacións   online, na que as socias e socios de Músicas   ao Vivo poderán decidir os proxectos premiados.