Clubtura, a Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, convoca este mércores a súa asamblea anual no Náutico de San Vicente do Mar.
As máis de 30 salas socias debatirán o futuro do sector e a aplicación das novas medidas de seguridade.
A Coruña, luns 29 de xuño de 2020.-
Cal é o futuro das salas de concertos? Como encaran a época estival neste 2020 atípico e complicado, tras case catro meses de peche? Cómo se adapta á música en directo á “nova normalidade” e ás normativas de seguridade que restrinxen aforos?
A Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, Clubtura, celebre este vindeiro mércores 1 de xullo a súa asamblea anual, adiada dende o pasado 17 de marzo por mor da pandemia, e que reunirá no Nautico de San Vicente a máis de 30 salas profesionais de concertos de toda Galicia, que debatirán a realidade do sector e a aplicación das novas medidas aprobadas, entre outros puntos na orde do día.


