A Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, Clubtura, reivindica o papel que realizan ao longo do ano nas vilas e cidades galegas, apoiando á Cultura dun xeito continuado e dando oportunidades a miles de artistas nas catro provincias.
Clubtura desexa facer un chamamento a todos os partidos que se presentan ás eleccións municipais para que teñan en conta a un colectivo que tamén é comercio local, ainda que nun ámbito tan especial como é o da cultura
A Coruña, xoves 18 de maio de 2023.-
A Asociación Galega de Salas Privadas de Música ao Vivo Clubtura amosa a súa preocupación a 15 días das vindeiras elección municipais. O colectivo considera que é necesario reivindicar o papel que as salas de concertos galegas realizan ao longo do ano nas vilas e cidades de Galicia, apoiando á cultura dun xeito continuado e dando oportunidades a miles de artistas nas catro provincias, e amosan a súa preocupación ante a falta de base real nos proxectos políticos que concurren ás vindeiras eleccións locais.
Clubtura desexa facer un chamamento a todos os partidos que se presentan ás eleccións municipais para que teñan en conta a un colectivo que tamén é comercio local, ainda que nun ámbito tan especial como é o da cultura.
“Tras pasar por un durísimo periodo na pandemia, semella evidente que as administracións están máis moito máis preocupadas por apoiar grandes eventos gratuitos ou de pago pero con aportacións importantes de fondos públicos, algo que non sucede coas salas”, expón Marcos Vázquez, Presidente da entidade. “Son en torno a 5000 concertos cada ano os que se celebran neste tipo de espazos, en moitas ocasións de bandas galegas que dan os seus primeiros concertos, presentan discos… e se non se coidan seguirán a desaparecer, o que suporía un grave problema para os proxectos musicais emerxentes”.
Dende Clubtura lembran tamén que hai enormes baleiros no territorio galego, con bisbarras enteiras nas que non soa a música en directo excepto cando é programada por unha administración ou algunha asociación cultural, pero sempre cunha regularidade inferior á que aportan as salas de música ao vivo nas áreas nas que si existen.
“A consideración de Espazos de Interés Cultural e Turístico por parte das diversas administracións e unha reivindicacións que ven de lonxe e que xa se está conseguindo noutros lugares de España, onde os partidos políticos que governan están a ter esa sensibilidade que na nosa comunidade ainda non é unha realidade. Cónstanos que hai localidades que están traballando para ese recoñecemento, pero polo de agora nin un só municipio deu un paso adiante para ser o primeiro”, apunta Marcos Vázquez.
Este recoñecemento debe ir acompañado por colaboración económica con empresas que ofrecen cultura, dan emprego estable e, ademáis, provocan que cada ano sexan centos de artistas os que visitan a vila, co que supón tamén a nivel de aloxamentos e ceas noutros locais que se benefician da nosa actividade.


