XA Á VENDA AS ENTRADAS PARA OS CINCO GRANDES CONCERTOS DA II SEMANA DA MÚSICA
As cinco salas coruñesas asociadas a Clubtura ofrecerán outros tantos directos de importantes bandas, cuxas entradas poden adquirirse xa a través de Ticketa, patrocinadora da II Semana da Música
________________________________________________________________
A Coruña, 23 de maio de 2017.-
Un evento profesional pero aberto á cidadanía, exposto como unha forma de achegar a cultura do directo a todos os coruñeses, iso será a II Semana da Música que se celebrará na cidade da Coruña entre o 12 e o 18 de xuño deste ano, organizada por ACCES e Clubtura en colaboración co Concello da Coruña e que congregará a centos de profesionais do sector e entusiastas da música en torno a mesas de traballo, talleres, debates, actividades de formación… e como non, concertos.
Cinco directos imprescindibles ao alcance de todos
A organización e os colaboradores e patrocinadores queren apostar sen ambaxes por encher de ritmo A Coruña con cinco concertos, un en cada unha das salas coruñesas asociadas:
- Joana Serrat coorganizado con AiEnRuta o Mércores 14 no Baba Bar
- Abe Rábade coorganizado con Fundación SGAE o Mércores 14 no Jazz Filloa
- Pablo Und Destruktion coorganizado con AiEnRuta o Xoves 15 na Mardi Gras
- Toundra + The Tyrell Corporation coorganizado con SON Estrella Galicia e coa colaboración de Ceuta Suena, o Venres 16 no Playa Club
- Nathan Fake coorganizado con SON Estrella Galicia o Sábado 17 no Garufa Club
Ticketea será a plataforma encargada da distribución e venda das entradas dos cinco concertos que poñerán banda sonora á II Semana da Música, citas únicas abertas ao público que buscan achegar a labor das salas de concertos á cidadanía en xeral.
Deste modo a II Semana da Música contará co apoio dunha das empresas de ticketing máis importantes de España, como Ticketea, que tras abrir delegación en Vigo, se converte no 2017 nun dos patrocinadores desta cita anual que por segundo ano consecutivo recalará na Coruña. E é que para a ticketera, Galicia é unha prioridade: durante 2016 multiplicou a súa presencia no territorio, traballando xunto a máis de 1.200 eventos diferentes. Máis de 240.000 persoas accederon a un concerto, festival ou obra de teatro cunha entrada de Ticketea, cifras que se superarán amplamente no 2017, tras poñer á venda a maior parte das grandes citas musicais do ano na comunidade galega.
A estes concertos en directo sumaranse tamén concertos organizados polas salas coruñesas e outras opcións de ocio e cultura para todos os gustos, baseados noutras disciplinas artísticas moi vinculadas á música, como a fotografía, cunha exposición de fotógrafos locais, unha conferencia sobre o arte do videoclip ou a presentación do libro “La cara oculta de la luna: las 50 portadas esenciales del rock”, de Xavier Valiño
+ información en www.salasdeconciertos.com


