Na tarde de once, 9 de mayo, o Pazo da Cultura de Pontevedra acollía a quinta cerimonia de entrega dos Premios Martín Códax da Música, demostrando co seu “non hai entradas” con máis forza ca nunca que é a gran cita anual da música galega; o momento agardado para celebrar a cantidade, calidade e diversidade da nosa producción musical, pero tamén para lembrar as reivindicacións do sector.
Foi unha gala conducida polo humor do monologuista Carlos Blanco e o debuxante Luis Davila, na que a Sala Garufa Club foi premiada co galardón á “Mellor Sala de Concertos de Galicia”.
A Sala Garufa Club, ubicada na cidade de A Coruña, leva máis de 20 anos traballando pola música en directo, primeiro na súa ubicación na Cidade Vella, e dende hai xa uns anos na súa nova sede, na contorna de Riazor. Cunha programación constante -máis de 100 concertos ao ano- e un cartel ecléctico que combina bandas consagradas con músicos emerxentes e locáis, a Sala Garufa Club apostou dende os seus comezos pola profesionalización do sector.
O seu responsable, José Méndez -máis coñecido como Pepe Garufa ou Pepe Doré-, foi membro da mítica banda “Los Doré” e é socios fundador da Asociación Galega de Salas de Concertos -Clubtura-, que aglutina máis de 30 salas de toda Galicia, e que conta coa honra de ter entre elas ás 5 ganadoras do premio á Mellor Sala de Concertos nos Premios Martín Códax da Música.


