Promovendo a música galega en directo
Un punto de encontro para profesionais e amantes da música en directo. Traballamos para impulsar a cultura musical en Galicia, apoiando ás salas, artistas e ao público que mantén viva a nosa escena.


As últimas novedades da Música en Directo
Mantente ao día coas últimas noticias, eventos e iniciativas que impulsan a música en vivo en Galicia. Descobre o que está a pasar nas nosas salas e sé parte da nosa comunidade.
Descubre as Salas de Música
Explora os espazos que manteñen viva a música en directo en Galicia. Coñece as salas asociadas, cada unha cunha personalidade única, listas para ofrecerche experiencias inesquecibles.

Son en directo
Impulsando a música en directo en Galicia
Clubtura é a Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo. Trátase dunha asociación profesional que aglutina a meirande parte das salas de concertos de Galicia.
Clubtura pertence á súa vez a ACCES, a Asociación Cultural Coordinadora Estatal de Salas, e, a través dela, a Live/DMA, a Asociación Europea de Salas de Concertos.
En Clubtura traballamos en prol da profesionalización do sector, é dicir: a nosa principal líña de traballo consiste e reivindicar a posición das salas de concertos como entidades profesionais dentro da industria musical.
Salas en vivo
A voz das salas galegas: apoio, defensa e crecemento
Clubtura representa como entidade profesional ás Salas de Concertos Galegas fronte as administracións e ante outros colectivos profesionais (músicos, promotores, managers…)
Dende Clubtura estamos convencidos de que xuntos somos máis fortes, por iso traballamos para mellorar a situación profesional das salas, dende a loita pola rebaixa do IVE Cultural até a negociación de novas lexislacións que permitan facilitar o traballo aos programadores e directores das salas.
Consideramos que a música, e concretamente a música en directo, é unha parte fundamental da cultura e a educación, e non debe ser considerada mero entretemento, senón que debe contar cunha protección e consideración especial dentro das diferentes administracións e entidades.
Somos son
A maior rede de música en directo de Galicia
Clubtura é a asociación galega que aglutina a meirande parte dos locais e salas de Galicia onde coordinadamente ofrecemos a maior e máis variada oferta alternativa de musica e cultura.
Dende Clubtura traballamos en prol da profesionalización do sector, buscando o recoñecemento da música como parte fundamental da cultura e da educación cultural.
Nesta web poderás atopar a programación das salas asociadas, toda a información de contacto que precises, e moita, moitísima paixón: a que todos nos sentimos pola música en directo.


