quen somos
Quen somos

Clubtura é a asociación dos locais e salas de Galicia onde coordinadamente ofrecemos a maior e máis variada oferta alternativa de musica e cultura.

Creamos unha rede galega coa que coordinar todas as nosas actividades, co nome de Clubtura, "Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo".

O reto grande do sector é conseguir unha programación conxunta, é dicir, contratar ao tempo varias actuacións para un grupo en diferentes salas, o que permite abaratar custos e coordinar as propostas de diferentes cidades. "

Outra conta pendente é tirar á luz a intensa actividade do sector e conseguir que o público potencial coñeza os concertos que se desenvolven alén do seu contorno máis inmediato.

Con esta web pretendemos que o pubrico se entere de forma facil de case toda a actividade musical de Galiza

Esperemos que che sexa útil ...


In Memoriam

Dende o colectivo de salas de Música ao vivo, Clubtura, quérese render homenaxe ao desaparecido Carlos Díaz, segredario de Clubtura e propietario do Roi Xordo de Allariz; quen foi ademáis de un grande amigo, un dos grandes responsables dos éxitos acadados pola asociación dende a súa creación. Sempre recordaremos a figura de Carlos coma a do gran traballador pola asociación e adicámoslle a programación da Rede Galega de Música ao Vivo 2008.


quen somos
novembro 2008
LMMeXVSD
            
 
3
4
9
 
 
16
 
 
17
18
 
 
24
25
30